Información xeral
O sitio web https://almaatlantica.com/gl é propiedade de Bodegas Martín Códax S.A.U (en adiante, Alma Atlántica), con domicilio a efectos de notificacións en Burgáns 91, Vilariño, Cambados, Pontevedra 36633, CIF núm. A36033009, e dirección de correo electrónico info@almaatlantica.com, e a través do mesmo proporciónase información sobre as súas actividades e/ou servizos.
O acceso e uso do sitio web atribúe a quen o realiza a condición de “Usuario” e implica a aceptación íntegra, expresa e sen reservas das presentes condicións xerais, vixentes no momento do acceso. Se o usuario non comprendese na súa totalidade as presentes condicións de uso ou non estivese de acordo con elas, deberá absterse de utilizar e operar a través deste sitio web.
As presentes condicións xerais rexerán única e exclusivamente o uso do sitio web de Alma Atlántica por parte dos usuarios que accedan e/ou naveguen por https://almaatlantica.com/gl. As presentes condicións xerais exhíbense en todas e cada unha das páxinas do sitio web https://almaatlantica.com/gl, para que os usuarios poidan lelas, imprimilas e arquivalas.
1. Condicións de acceso e uso
O uso do sitio web de Alma Atlántica é gratuíto e non require o previo rexistro do usuario. Naqueles casos en que o acceso e/ou uso de determinados servizos e/ou contidos requirisen o rexistro ou subscrición dos usuarios, será necesario que estes acepten previamente a correspondente Política de Privacidade e as Condicións Xerais específicas, non sendo posible o acceso aos mesmos sen dita aceptación.
As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o usuario a facer un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren dereitos ou intereses de terceiros (dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc.) ou a legalidade vixente.
Alma Atlántica prohibe expresamente
- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo, por calquera medio, calquera tipo de dano aos sistemas de Alma Atlántica ou a terceiros.
- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spaming") ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing").
O usuario comprométese a non utilizar o sitio web, nin os contidos ou información e/ou os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.
Alma Atlántica poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, á boa fe ou ás presentes condicións xerais.
2. Contidos
Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por Alma Atlántica, utilizando fontes internas e externas, de tal xeito que Alma Atlántica únicamente se fai responsable polos contidos elaborados de forma interna.
Alma Atlántica resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web. Alma Atlántica non asegura nin se responsabiliza do correcto funcionamento das ligazóns a sitios web de terceiros que figuran en https://almaatlantica.com/gl.
Ademais, a través do sitio web https://almaatlantica.com/gl, poden poñerse a disposición dos usuarios servizos gratuítos e/ou de pago ofrecidos por terceiros alleos, os cales se rexerán polas condicións particulares deses servizos. Alma Atlántica non garante en ningún caso a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos e servizos ofrecidos por terceiros e queda expresamente exonerado de calquera tipo de responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan derivarse da falta de exactitude destes contidos e servizos.
3. Responsabilidade
Alma Atlántica en ningún caso será responsable de:
- Os fallos e incidencias que puidesen producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas de maneira que non se garante que os servizos do sitio web estean constantemente operativos.
- Da produción de calquera tipo de dano que os usuarios ou terceiros puidesen ocasionar no sitio web.
- Da fiabilidade e veracidade das informacións introducidas por terceiros no sitio web, ben directamente, ben a través de ligazóns ou enlaces.
Alma Atlántica resérvase o dereito a suspender o acceso sen previo aviso de forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal ata o aseguramento da efectiva responsabilidade dos danos que puidesen producirse.
Alma Atlántica colaborará e notificará á autoridade competente as incidencias anteriormente indicadas no momento en que teña coñecemento fehaciente de que os danos ocasionados constitúen calquera tipo de actividade ilícita.
4. Dereitos de autor
Os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web https://almaatlantica.com/gl están plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos, salvo consentimento expreso de Alma Atlántica.
Alma Atlántica pode utilizar fontes externas para a elaboración dos seus contidos e establecer ligazóns ou hiperenlaces a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor das informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación dos referidos contidos.
Os materiais tanto gráficos como escritos enviados polos usuarios a través dos medios que se poñen á súa disposición no sitio web son propiedade do usuario quen afirma ao envialos a súa lexítima autoría e cede os dereitos de reprodución e distribución ao Alma Atlántica.
5. Xurisdición e lei aplicable
As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Cambados, renunciando expresamente o usuario a calquera outro foro que lle puidera corresponder.
6. Miscelánea
No caso de que calquera cláusula do presente documento fora declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. Alma Atlántica poderá non exercer algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos, salvo recoñecemento expreso por parte de Alma Atlántica.