Alma Atlántica Mencía é un mosto de uva mencía parcialmente fermentado, logrando así un volume alcohólico de 7% que provoca unha dozura perfecta para equilibrar a acidez deste varietal.
Agora podes gozala no novo formato pack de 4 botellas de 37,5cl.
Un proxecto no que se viaxa á orixe e a variedades únicas cun marcado carácter Atlántico. Unha nova forma de aproximarse ao albariño, atrevida e transgresora. Un produto perfecto para un consumidor que o que busca é divertirse e gozar, sen por iso perder de vista a calidade do produto.
