Alma Atlántica Bubbles Mencía Rosé

Alma Atlántica Mencía Rosé é un mosto de uva 100% mencía parcialmente fermentado, logrando así un volume alcohólico de 7% que provoca unha dozura perfecta para equilibrar a acidez da uva mencía. A fermentación ten lugar en depósitos isobáricos nos que se crean de forma natural as finas burbullas que reforzan aínda máis a sensación de frescor.

Un proxecto de Martín Códax Viticultores no que se viaxa á orixe e a variedades únicas cun marcado carácter Atlántico. Unha nova forma de aproximarse á mencía, atrevida e transgresora. Un produto perfecto para un consumidor que o que busca é divertirse e gozar, sen por iso perder de vista a calidade do produto.

8,90

Coñece o produto

Ficha técnica e notas de cata

A ficha técnica

Variedade

100% Mencía

Fermentación

Mosto de uva parcialmente fermentado en depósitos isobáricos nos que se crean de forma natural finas burbullas.

Sulfitos

Contén sulfitos.

Graduación alcohólica

7% Vol.
Notas de cata

Fase visual

Capa baixa, cor rosa pau.

Fase olfactiva

Intensidade aromática alta con toques de cereixa, frambuesa, amorodo, gominola, caramelo de violeta e moi floral.

Fase gustativa

Refrescante en boca, con entrada doce ben equilibrada e persistente floral en retronasal.

Produtos relacionados